martes, 23 de abril de 2013

Revista de Radio 1º da ESO



Mario e Leire entrevistando ao Alcalde de Lugo
Dentro do marco de actividades deseñadas con motivo das Xornadas da Cultura, os alumnos e alumnas de 1º da ESO están a realizar unha revista de radio na área de Lingua e Literatura Castelá.
 
A proposta de crear unha revista de radio inscríbese nun contexto educativo global e integral. Este medio permite que os nosos alumnos e alumnas resuman, escriban, lean, declamen, dialoguen, discutan, traballen en grupo e se expresen, tanto de forma oral como escrita, con soltura e corrección.
 
A eles e elas atráeos o mundo da radio: sentirse protagonistas, poder imitar outras voces, dramatizar…É  un feito que coñecer e participar nun medio de comunicación é altamente motivador, e achñeganos máis como grupo na medida en que nos permite descubrir as  nosas diferenzas así como os nosos puntos en común. Permite así mesmo o intercambio de ideas, a reflexión, o apoio mutuo e a autoavaliación e corrección do propio traballo.
Todos somos protagonistas, todos somos receptores, e somos, fomos ou seremos emisores tralo micrófono dentro do noso estudo de gravación.
 
No noso proxecto optamos pola retransmisión gravada xa que nos permite unha maior reflexión sobre o traballo a realizar e maior control sobre o mesmo, así mesmo as entrevistas presentadas polos rapaces e rapazas impedían que os protagonistas acudisen  o día de emisión.
 
A revista de radio consta de varias seccións con entrevistas, traballos de investigación, noticias, eventos deportivos e culturais, comentarios de libros, películas e cancións…
Pretendemos emitir tres programas este curso. 

A emisión realizarase por medio de:

No hay comentarios:

Publicar un comentario