ENGLISH SCHOOL



Galén English Club e Galén English School nacen coa idea de integrar o esforzo conxunto de familias, centro e alumnado na adquisición do inglés como primeira lingua estranxeira de referencia no centro.
O English Club ten como obxectivo o uso do inglés como lingua vehicular. Para acadalo propoñemos unha batería de actividades e obradoiros lúdicos, que complementan as aprendizaxes do día a día, prestando especial atención á expresión oral. Está dirixido aos máis pequenos e pequenas.
O English School ofrece a formación necesaria para superar con éxito os recoñecidos exames de Cambridge e acadar os títulos que outorgan como recoñecemento complementario ao esforzo realizado polas familias e o centro e, especialmente, polo alumnado durante estes anos.
Para isto contamos con profesorado nativo e cualificado, unha metodoloxía dinámica, grupos reducidos e uso de novas tecnoloxías aplicadas á ensinanza das linguas. 
As clases adáptanse ás necesidades horarias do alumnado e das familias

No hay comentarios:

Publicar un comentario