O alumnado de 4º ESO que forma parte da asignatura
Iniciativas Emprendedoras participaron durante catro meses no concurso “Young
Business Talents”, que consistía en xestionar unha empresa e realizar as
actividades de análisis, planificación e control a través dun simulador de
Praxis MMT.
Levaron á
práctica os seus coñecementos teóricos e desenvolveron as habilidades
necesarias da administración e dirección de empresas.
As
sensacións dos alumnos foron moi boas, aprenderon moito, superando con
resultados positivos e constantes as sucesivas etapas clasificatorias, ata
chegar a semifinalistas, obtendo un diploma acreditativo polo seu esforzo e
mérito.
NORABOA A TODOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario