O
Departamento de Educación Física de Galén, consciente da importancia do
desenvolvemento deportivo xeral, organizou unha xornada de esgrima, en
colaboración co Club Esgrima Lugo. Trátase dunha disciplina deportiva das
denominadas minoritarias pero complementaria a calqueira outro deporte.
Dous dos seus deportistas e un pai do cole foron os encargados
de dirixir esta xornada, achegando ó nosos alumnado a este apaixonante
deporte que combina dinamismo, emoción e o pracer de aprender unha técnica con
séculos de historia.
Poideron
vestirse de auténticos tiradores con peto, máscara e espada. Mesmo os
adestradores trouxeron os cables e luces para poder realizar "poules"
entre eles, con indicadores de toucado, o que facía máis atractivos os asaltos.
Os propios alumnos foron tiradores e árbitros, coñecendo o vocabulario básico
para poder empezar a xogar.
Deste xeito puideron practicar un deporte
educativo que forma no respecto ao contrario e ás normas do asalto, a
concentración e o autocontrol da impulsividade. Á marxe das esixencias propias
dunha modalidade individual e tan técnica como a esgrima aprenderon un deporte
mentres se divertiron.
Agora só queda
coñecer as súas inquietudes e poñerse... "EN GARDA".
No hay comentarios:
Publicar un comentario