II LIGA DE DEBATE
Ao
longo destes días celebrouse no noso colexio a II Liga de Debate nos catro
cursos da ESO. Foron os propios rapaces
e rapazas os que propuxeron os temas a debater: “O papel dos maiores na
sociedade” no 1º ciclo e “Vantaxes e inconvenientes de conducir aos dezaseis
anos” no 2º ciclo. O funcionamento e a coordinación dos equipos de debate para elaborar e expoñer
as argumentacións foi exemplar, e mostra da súa implicación en todo o proceso.
O
alumnado de 1º e 2º de BAC que participou na Liga de Debate en Santiago a nivel
autonómico -na cal obtiveron bos resultados, e unha mellor experiencia- exerceu
de xurado para esta Liga no colexio, o cal valorou e aconsellou aos
distintos cursos sobre o desenvolvemento dos debates. Ao mesmo tempo, transmitiulles
a súa grata experiencia, animándoos a
participar en cursos vindeiros como eles o fixeron neste.
Parabéns
a todos os participantes e ánimo para as vindeiras edicións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario