miércoles, 30 de octubre de 2013

Perfume Lembranzas do Bosque, 2º ESO en GALICIENCIA 2013. 20, 21 e 22 de Novembro. Ourense



Este proxecto levado a cabo por 2º ESO foi seleccionado entre moitos colexios de Galicia para participar en Galiciencia.
Galiciencia é unha Feira de Ciencias que ten lugar en Ourense, é organizada polo Parque Tecnolóxico de Galicia, e ten como obxectivo animar aos estudantes galegos a realizar proxectos tecnolóxicos, científicos e de investigación.
Pareceunos boa idea presentar Lembranzas do Bosque, e encantoulles.
Así que no mes de Novembro, dous representantes da clase acudirán a defender o traballo a Ourense. Son Carlos López Labandeira e Marieta Orol Chao, que foron elixidos polos seus compañeiros. Pasarán tres días alí,  20, 21 e 22 de Novembro, convivindo con outros alumnos de toda Galicia que tamén foron seleccionados.
Asimesmo, organizaremos unha visita a Ourense para toda a clase co obxectivo de goza cos seus compañeiros da  experiencia.
 
Este é o enlace a Galiciencia 2012

NORABOA!!!!! E moita sorte!!!

jueves, 24 de octubre de 2013

Perfume Lembranzas do Bosque, 2º ESO

As alumnas e alumnos de 2º ESO, acadaron o obxectivo, Noraboa!!!!. Obtiveron un perfume con aroma a lavanda, ciprés e laranxa, que se adapta perfectamente ao perfil buscado, e sobre todo, ecolóxico. O certo é que ule de marabilla, Tedes aquí o enlace á nosa canle de youtube para ver o video de todo o proceso, esperamos que vos guste

lunes, 14 de octubre de 2013

Premios extraordinarios ESO

O vindeiro Mércores 16, dez alumnas e alumnos de 1º BAC acudirán aos exames dos Premios Extraordinarios de Secundaria no IES San Xillao de Lugo. Todos  teñen unha nota media superior a 9 no expediente da ESO. Moita sorte a todos eles!!!

Proxecto "Elaboración dun perfume". 2º ESO. LEMBRANZAS DO BOSQUE

As alumnas e alumnos de 2º da ESO están inmersos nun proxecto de fabricación dun perfume. Están englobadas todas as competencias do curriculum nas diferentes fases do mesmo. O obxectivo é elaborar unha fragancia típicamente galega, obtendo os aceites esenciais das árbores e plantas do noso entorno.