
O pasado venres día 28 de marzo, o alumnado de 1º ESO fomos ao Museo Provincial de Lugo para realizar a actividades das Rutas Literarias polo Museo. Esta era a segunda parte dun traballo que ten a súa primeira na aula, coa lectura do libro de relatos Contos de medo no Museo, dentro da área de Lingua Galega e Literatura.
Este complemento á lectura do
libro foi estupendo, pasámolo moi ben percorrendo as distintas salas en grupos,
cada un dos cales seguimos a ruta dun relato. Axudounos a coñecer un pouco máis o Museo por
dentro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario