Comprácenos
invitarvos ao “Acto Divulgativo sobre o Consumo Responsable” que realizará o
alumnado de 1º ESO, como presentación do traballo realizado dentro do Proxecto
Interdisciplinar durante este curso 2013-14, e que terá lugar, o vindeiro xoves
día 8 de maio, ás 15.30, na Biblioteca do centro.
Trátase, como cada ano,
de ofrecervos unha perspectiva global sobre a investigación realizada nun
ámbito moi concreto, pero da man dos vosos fillos e fillas.
Paralelamente, na Aula de
Natureza “Trevia” abrirase a Exposición “Perpectivas sobre o Consumo”, onde
poderedes gozar co traballo realizado por todos os grupos de Educación
Infantil, Primaria e Secundaria.
A exposición amosará as
diferentes olladas que cada un dos grupos percibiu sobre consumo. Ademais, estará guiada polos
protagonistas dos diferentes traballos , que vos contarán como se desenvolveron
os diferentes proxectos de investigación e responderán ás vosas dúbidas.
A exposición permanecerá
aberta o xoves 8 e o venres 9 de 15.45 a 16.45.
Esperamos que estas
actividades sexan do voso interese.
No hay comentarios:
Publicar un comentario