lunes, 26 de mayo de 2014

SEMIFINALISTAS EN YOUNG BUSSINESS TALENTS

Os alumnos e alumnas de Iniciativas Empresariais de 4º da ESO recibiron un diploma que acredita a súa clasificación como semifinalistas no concurso de Young Business Talents. Incluimos unha carta que eles escribiron para informarvos de cómo foi a súa experiencia Semifinalistas en Young Bussines Talents:




          Con todo comezo, hai un final. Tras catro meses de duro traballo, xestionando a nosa  propia empresa no simulador de Young Bussines Talents, conseguimos chegar as semifinais, e conseguir estar ás portas das finais.

Foi unha experiencia moi  enriquecedora, fomentada por un bo traballo en equipo e unha boa relación entre os integrantes deste.

Esta experiencia nos ensinou  o difícil que é levar unha empresa, a toma de decisións, a coordinación do equipo, o coñecemento do entorno no que nos convén movernos, o punto de resgo que debemos asumir,....
Pero todo o levamos con bo humor, e todos cedemos un pouco á hora de tomar decisións.
Pese a quedarnos ás portas da final, estamos moi orgullosos dos nosos resultados.
Toda esta experiencia nos serviu de moito, xa que nos trasladou  a unha realidade futura, distinta e descoñecida ata agora para nós, na que  traballamos, pero o enorgullecedor e gratificante é ver os resultados de tan duro esforzo.

Tivemos as nosas desilusións, como cando nos daba o baixón cando non conseguíamos os resultados esperados, ou cando tiñamos que pedir préstamos porque o diñeiro non chegaba.
Pero, para ser o noso primeiro ano, e de non ter nin a menor idea do que había que facer  nun futuro, estamos moi orgullosos do noso resultado.

Grazas a todo o que nos ensinou Cristina,a nosa profesora de Iniciativas Emprendedoras, antes de comezar a nosa empresa virtual, é polo que conseguimos chegar ata aquí.
Por iso lle damos grazas a Cris, que sempre nos apoiou  e axudou en todo.

Recomendamos a todos os que queiran dedicarse ou  lles guste o mundo da economía e dirección de empresas, que comecen con esta experiencia tan incrible e divertida.




No hay comentarios:

Publicar un comentario