jueves, 4 de diciembre de 2014

No Banco de Tapóns de Lugo

Iniciamos as actividades de Nadal: coma todos os anos, os nenos e nenas de 2º da ESO son os responsables da campaña solidaria. Este ano colaboraremos co Banco de Tapóns de Lugo, unha entidade solidaria que xurdiu en decembro de 2012 ao paraugas da Fundación Puro Cora e que coa colaboración de varias entidades e o esforzo constante e altruista das súas voluntarias e voluntarios levan a cabo o seu labor baixo o lema "os tapóns dan vida e coidan o medioambiente". 

Esta iniciativa solidaria adica os seu esforzos principalmente á axuda de nenos e xóvenes menores de 25 anos que precisan axuda para levar adiante costosos tratamientos, próteses, medios mecánicos para desplazarse... A reciclaxe de plásticos se converte así en algo máis que nun acto de conciencia medioambiental.
Os tapóns están feitos de polímeros de maior calidade e menor toxicidade, moi útiles para a fabricación de granza, un material que serve para a fabricación de perchas, caixas de frutas, revestimentos ou aislantes. 

CHELO en Galén
Hoxe Chelo, unha das responsables de esta gran labor, estivo connosco contándonos un montón de cousas: como xurdiron, quen colabora, cómo solicitar a axuda do Banco ..... Logo nos acercamos á nave que Allplas lles cedeu para o seu almacén no Ceao; alí coñecimos tamén  a Tere e ambas nos explicaron como separar os plásticos útiles dos que non, etc. Deseguida nos puxemos mans á obra ..... e como podedes comprobar con gran entusiasmo!!


 Taponeando

Incluso Sara e Pedro, a pesar de estar un pouco lesionados non deixaron de traballar nin un chisco!!


Taponeando Taponeando Taponeando Taponeando Taponeando

Aquí o millor de toda a mañá!! A satisfación de encher dúas enormes sacas!!
Os rapaces e rapazas de 2º da ESO adicaremos estos días a contarvos polas aulas todo o que fixemos e como podedes colaborar.
No cole recolleremos máis tapóns, e como xa é habitual xoguetes e roupa en colaboración coa Asociación de Veciños da Milagrosa. Na entrada do cole atoparedes contenedores para todo elo!!


Taponeando

No hay comentarios:

Publicar un comentario