viernes, 20 de marzo de 2015

Concerto Cantarela "Música en Feminino"

O pasado mércores 11 de marzo o alumnado de secundaria puidemos asistir ao concerto "Música en Feminino" que a escola de música Cantarela organizou co gallo do día Internacional da Muller.

O espectáculo foi unha merecida homenaxe a todas aquelas mulleres que con talento e dignidade se fixeron valer ao longo da historia mediante a súa arte para concibir a música.

Foi un concerto especial e diferente onde co fabuloso traballo feito por Manuel Rodríguez e Uxía Carreira, compañeiros de 2º BAC,  puidemos coñecer algunhas desas valentes compositoras.

Deixámosvos aquí unha galería fotográfica como mostra do que foi este concerto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario