
Esta actividade encádrase dentro
das actividades levadas a cabo no colexio co gallo das Xornadas da Cultura que,
como todos os anos, se están a desenvolver nestas datas no noso centro, desta
volta ao redor da temática feminina e a historia da muller.
Os rapaces e rapazas achegáronse
á autora do libro que xa previamente leran nas aulas, E Xoel aprendeu a voar, e aproveitaron para facerlle chegar algunhas
preguntas e inquedanzas que tiñan sobre o libro e sobre a creación literaria en
xeral, que a autora non dubidou en responder de grata maneira, recitando tamén
algún dos seus poemas.
Co bo sabor da palabra e a
lixeira brisa da inspiración, de seguro que máis dun e dunha saíu convencido de
que tamén eles poden transmitir a través da literatura, deixando voar a súa
imaxinación, como aquel “Merlo Branco” que tan intrigados os tiña no seu libro.


No hay comentarios:
Publicar un comentario