lunes, 16 de noviembre de 2015

MADEIRA DE EMPRENDEDORES

No  taller de iniciativas emprendedoras de 4º de ESO, este primeiro trimestre o adicamos  ao emprendemento. Entre as diversas actividades, onte  visitamos o Pazo de Feiras e Exposicións, invitados pola Fundación CEL, para participar nas xornadas de sensibilización ao autoempleo. Na primeira parte, dirixidos por Paula, traballaron dinámicas de grupo para diseñar distintos proxectos innovadores. Tras dúas horas de traballo en grupos, visitaron, guiados por Rodolfo, as instalacións do viveiro de empresas, onde tuvieron oportunidade  de charlar con xóvenes empresarios alí ubicados  e adicados a actividades moi diferentes. Para rematar, os dous compoñentes da empresa Estático, lles contaron, en clave de humor, a súa experiencia persoal como emprendedores.


Madeira de emprendedores

Madeira de emprendedores

A experiencia foi moi positiva e con ela rematamos a primera parte das dúas que compoñen este módulo, destacando o  labor de catro alumnos, que recibieron un diploma polo éxito conseguido co seu esforzo e ilusión.

Madeira de emprendedores

No hay comentarios:

Publicar un comentario