lunes, 30 de noviembre de 2015

PROXECTO "ESTUDO DO CONFLITO SIRIO", POR 4º ESO

Os alumnos/as de 4º da ESO desde a asignatura de Ética nos asomamos a un conflito de grande actualidade: A GUERRA EN SIRIA.
Intentamos coñecer as súas causas, ver o desenvolvemento do conflito e cales están sendo as súas consecuencias.
Tamén analizamos o tema dos desprazados e refuxiados procedentes das zonas de conflito.
Fixemos unha posta en común utilizando como soporte en Power Point. Esperamos que os aporte algunha información:


Estudamos o conflito Sirio e analizamos as súas consecuencias.

         Os ninguéns . Os fillos de ninguén. Os donos de nada. Os que son, aínda que sexan. Aos que non lles deixan ser: os Sirios.

Falemos dun país, que non é de seu. Dun pobo que escapa da súa terra. Falemos dun conflito bélico que provoca mortes, que enche botes de cinco con vinte, que o mar e as circunstancias baleira…
Falemos de xente que alza a voz contra un goberno que incumpre as súas promesas. Falemos de que a palabra non é un arma, senón fume. Falemos de primaveiras que non son frores, senón loitas. Falemos diso, porque non é un conto: está a acontecer.
Siria está inmersa nunha loita entre opresión e liberdade; entre o goberno de Bashar Al-Asad, apoiado por Rusia, o cal prometeu un Estado laico e social que non conseguiu, e os diferentes grupos de rebeldes, apoiados polos Estados Unidos.
O problema? Non todos son tan bos coma nun primeiro momento se pensa. Dentro da rebeldía destes grupos que se alzan contra o Estado, unha mancha de sangue emerxe: o Estado Islámico.
Medo e descontrol, son os ingredientes principais desta receta que escribiron para Siria. Publicando como principais protagonistas a Bashar Al-Asad e as potencias inculcadas no conflito, olvidámonos dos ninguéns, dos ninguneados, que sofren as verdadeiras consecuencias das guerra.
O noso obxectivo é achegar dalgunha maneira o que está  a acontecer neste país, e intentar buscar unha difícil resposta a unha pregumta tan sinxela como:

Por que? Porque custan menos que a bala que os mata.



siria3 siria 2 siria 1


Refugiados de siria presentacion. 2


Guerra en Siria



No hay comentarios:

Publicar un comentario