miércoles, 11 de noviembre de 2015

Un pai comprometido coa música tradicional

O pasado martes 10 de novembro, e como anticipo da festa do magosto, tivemos a visita no noso centro de Isidoro, pai dun alumno de 2º da ESO que quixo compartir con nós algunhas das cousas que ao longo da súa traxectoria na música tradicional máis o encandilaron.
Contounos algunha que outra "historia de vello" e ensinounos a cantar e bailar unha muiñeira corrida. Un tipo de muiñeira con aire moi festivo para achegarnos á festa que logo compartiríamos entorno ás castañas, o magosto.
Cantamos, bailamos e rimos coa música tradicional como eixo.
Unha tarde diferente con unha persoa especial.

Graciñas Isidoro.

  DSC09618

DSC09621 DSC09628 DSC09633 DSC09635 DSC09639 DSC09640

No hay comentarios:

Publicar un comentario