domingo, 17 de abril de 2016

2º DA ESO COCIÑA MENÚ ALEMÁN

O pasado xoves os alumnos e alumnas de 2º da ESO cociñamos para o resto dos nosos compañeiros de Galén. Preparamos un menú moi especial, preparatorio para a viaxe que iniciaremos a próxima semana: nos imos a Alemania!!! Desexosos como estamos de partir e vivir as experiencias que nos depara a esperada viaxe non podiamos escoller outro menú que non estivese inspirado na gastronomía alemana. Así que  ahí vai a elección de pratos:

1º PRATO     DEUTSCH SALAT
2º PRATO     BRATWURST MIT KARTOFELBREI
POSTRE       APFELSTRUDEL



Comezamos coa elaboración do postre a tarde anterior; un riquísimo biscoito que leva compota de mazá e améndoa molida por riba...




A mañá seguinte continuamos coa elaboración do primeiro e segundo prato.

DEUTSCH SALAT:

Unha saborosa ensalada, que leva pexegos cortados en xuliana, aceitunas verdes, leituga, bonito, cebola e queixo. Esta é unha ensalada moi típica en Alemania que se sirve habitualmente en racións individuais.



BRATWURST MIT KARTOFELBREI:

Esta foi a nosa elección para o segundo prato, un sinxelo prato consistente nunhas salchichas acompañada por bolas de puré de pataca.
Pasámolo moi ben cociñando, pero igual de divertido foi servir os nosos pratos ao resto de alumnos e alumnas do centro. Nos repartimos por turnos e zonas no comedor e fixemos de metres! 




Nós o pasamos moi ben, e agardamos de que todos disfrutásedes da comida!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario