lunes, 23 de diciembre de 2013

DE VISITA POLA RIBEIRA SACRA



O alumnado de 2º ESO fixo un estudo sobre algunhas igrexas de estilo románico da ribeira sacra.

Cada grupo de traballo fixo unha investigación sobre a historia e as principais características arquitectónicas dunha igrexa.

O pasado mércores 4 de decembro visitamos as igrexas para que cada grupo nos explicara in situ o seu traballo e así poder afondar no coñecemento do románico.

As igrexas sobre as que se fixo a investigación e que foron visitadas son:
-Santa María de Ferreira de Pantón.

 -San Miguel de Eire.

-San Paio de Diomondi.

-San Estevo de Ribas de Miño.

A exposición do traballo foi excelente por parte de todos os grupos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario