Este ano colaboramos no noso proxecto solidario de nadal coa Asociación de veciños, comerciantes e industriais da Milagrosa. Visitáronnos dous membros da asociación que nos presentaron o seu traballo cotián e o alumnado presentou o proxecto ao resto de alumnado do centro e pediu a súa e a vosa colaboración na recollida de roupa, xoguetes e comida, podedes colaborar con elas e eles ata o xoves 19.
As alumnas e alumnos de 2º ESO poñerán á venda o perfume co que acadaron o primeiro premio na categoría de primeiro ciclo de ESO en Galiciencia. Os fondos recadados serán destinados á compra de alimentos para a distribución pola asociación
Enviámosvos o programa de actuacións ao voso correo electrónico no que vos invitamos a que veñades a escoitar aos vosos fillos e fillas nas audicións ademais de degustar os postres que van elaborar para eses días.
As clases rematan para 1º e 2º ESO ás 13.00 h. e para 3º e 4º ESO ás 13.45 o venres 20.
No hay comentarios:
Publicar un comentario