viernes, 26 de septiembre de 2014

INTERCAMBIO POLONIA

Apenas marcharon os daneses de 1º de BAC e xa temos aquí as nosas amigas e amigos polacos. Chegaron na tardiña do mércores e quedarán connosco ata o primeiro de outubro. Agora aos nosos alumnos e alumnas de 3º da ESO lles corresponde devolver o cariño, as atencións e a hospitalidade da que foron obxecto no curso pasado polas súas respectivas familias polacas. Dende que chegaron non paramos: lles amosamos a nosa cidade, a catedral, a nosa muralla e os nosos museos.







Este venres o disfrutamos no cole: lles tiñamos preparadas un montón de actividades e obradoiros. Un deles de cociña. Huuuuummmmmm!! Os feixós estaban deliciosos!! .... E para a fin de semana lles organizaremos saídas en familia! Xa vos contaremos!


No hay comentarios:

Publicar un comentario