miércoles, 15 de octubre de 2014

1º Día de Estadía. 1º ESO


Ola a todos e a todas!

Hoxe comezamos a tan esperada estadía en Trevia. En canto chegamos, baixamos con todo o noso equipaxe cara á aula coa intención de instalarnos.
Cantos recordos nos traen as habitacións, as liteiras, …, cantos momentos compartidos ao longo deste anos.
Sabemos, e somos conscientes, de que esta vai ser a nosa última estadía, e por iso, queremos aproveitala “a tope”.



Hoxe tíñamos previsto ir a Mera, a coñecer o Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes, e aínda que estaba chovendo en Lugo, continuamos co plan previsto, esperando que a auga nos dera algunha tregua na costa. 

Pero non foi así, nada máis chegar caeunos un bo chuvasco. Menos mal que despois remitiu, e puidemos realizar o itinerario para así gozar da marabillosa paisaxe costeira  que tiñamos ante os nosos ollos.

Mirade cantos momentos inesquecibles!


 Non nos botedes moito de menos, porque como podedes comprobar, o estamos pasando xenial. Ah! e aprendendo moito.

Moitos bicos e ata mañá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario