martes, 15 de septiembre de 2015

1º DA ESO. PROXECTO INTERDISCIPLINAR.

O alumnado de 1º ESO estivemos investigando a órbita que a Terra describe no seu movemento de translación arredor do Sol.
Para iso, colocamos unha cartolina branca sobre un taboleiro de cortiza. Logo, cravamos dúas chinchetas a diferentes distancias (5 cm., 10 cm., 15 cm. e 20 cm.).
Atamos unha corda a cada chincheta e cun rotulador, tensando a corda, debuxamos unha órbita.
Observamos que a calquera punto da elipse é o resultado de sumar os dous lados da corda a ambos lados do rotulador.
Tamén puidemos comprobar que canto máis cerca estaban as chinchetas ( os focos da eclipse) a súa forma máis se achegaba á circunferencia e pola contra, canto máis as alongábamos máis excéntrica era a elipse que trazábamos.

Foi Kepler que sinalou que os planetas describen órbitas elípticas arredor do Sol, e que a Terra describe unha órbita elíptica arredor do Sol, ocupando este último, un dos focos da elipse, cunha excentricidade de 0,017 o que significa que realmente a súa forma e moi próxima á da circunferencia.
Aquí vos deixamos unhas imaxes que reflicten o traballo que realizamos:

PROXECTO INTERDISCIPLINAR 1

No hay comentarios:

Publicar un comentario