Introducimos auga nunha probeta e a continuación, con moito coidado, engadimos alcohol.
O alcohol como é menos denso que a auga queda por riba da auga.
A continuación engadimos un pequeno volume de aceite, que se vai colocar entre a auga e o alcohol, pero curiosamente vai adoptar forma esférica.
Os planetas, desde a súa formación, son materia moi quente na que toda a súa masa vaise agrupar formar unha bola, xa que así na súa superficie non hai zonas máis apartadas do centro que outras.
Os planetas arrefríanse e endurécense, conservándose a forma esférica.
Cando nos simulamos o movemento de rotación do planeta axitando a esfera de aceite, observamos que a bola se achata polos polos.
Iso é debido a que calquera punto do Ecuador da esfera é levado cara o exterior pola forza centrífuga. Cando a Terra se arrefriou, seguiu mantendo esa forma achatada polos polos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario