lunes, 28 de septiembre de 2015

Manzaneda 2015

O alumnado de 3º da ESO estivemos os pasados 17 e 18 de setembro gozando coa nosa estadía de outono. Neste caso visitamos, como todos os anos, a estación de montaña de Manzaneda. Alí tivemos a oportunidade de gozar  cun montón de actividades deportivas e lúdicas que sen dúbida nos axudarán a crear e mellorar os lazos e vínculos que como grupo temos establecidos. Puidemos descubrir deportes como o "Ultimate", ter unha experiencia automobilística a mans dun car ou poñer en práctica as nosas dotes para o baile na discoteca pola noite.
Foron unhas xornadas cheas de deporte, natureza, música, risas e sobre todo bo humor na que a parte humana de todos e todas tivo especial protagonismo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario